Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Samsung presenta o primeiro monitor gaming capaz de alcanzar os 1.100 Hz
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
TREBELLOS

Samsung presenta o primeiro monitor gaming capaz de alcanzar os 1.100 Hz

Redacción
Publicado: 23/11/2026
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Samsung anunciou o Odyssey G6 (G60H), un monitor gaming de 27 polgadas que alcanza unha frecuencia de actualización de ata 1.100 Hz. A pantalla incorpora un sistema de visualización Dual Mode que permite alternar entre resolución HD a un máximo de 1.100 Hz e QHD (2.560 x 1.440 píxeles) a ata 600 Hz, segundo as necesidades de cada xogo.

O novo Odyssey G6 está orientado especialmente aos xogos competitivos e de ritmo rápido, nos que a velocidade de resposta e a nitidez dos movementos poden resultar determinantes. Samsung equipa o monitor cun panel Fast IPS cun tempo de resposta de 1 milisegundo (GtG), co que busca reducir o desenfoque e mellorar a fluidez das imaxes.

O monitor consegue unha frecuencia máxima de 1.100 Hz reducindo a resolución a HD, mentres que o modo QHD permite manter unha definición superior cunha frecuencia de actualización de ata 600 Hz. O usuario pode así adaptar o funcionamento do monitor a diferentes xéneros, desde títulos nos que prima a calidade visual ata xogos de disparos nos que interesa favorecer a rapidez de resposta.

O Odyssey G6 tamén incorpora Odyssey Clear Motion, unha tecnoloxía de redución do desenfoque baseada nun algoritmo específico que procura manter máis definidas as escenas con movementos rápidos. Samsung prevé estender esta función a outros monitores gaming da súa gama.

O monitor admite HDR10+ Gaming, que optimiza o brillo e o contraste en tempo real, e incorpora Black Equalizer para axustar os niveis de luminancia e facilitar a identificación de elementos nas zonas máis escuras das partidas. Tamén é compatible con nVIDIA G-Sync e AMD FreeSync Premium, dúas tecnoloxías que reducen os tiróns e as interrupcións visuais durante o xogo cando se empregan tarxetas gráficas compatibles.

Samsung equipa o Odyssey G6 cun porto DisplayPort 2.1 e dous HDMI 2.1. O sistema Auto Source Switch+ detecta automaticamente as novas fontes conectadas e facilita o cambio entre dispositivos. O soporte permite axustar a altura, a inclinación, o xiro e a rotación da pantalla.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

TREBELLOS

Primeiros auriculares abertos con deseño de clip de Xiaomi

17/11/2026
TREBELLOS

Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España

17/11/2026
TREBELLOS

Blackmagic Design presenta un micrófono para a captura de audio espacial

13/11/2026
TREBELLOS

Google e Samsung presentan as súas lentes con IA

12/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?