Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

S. P.
Publicado: 24/11/2026
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Na mañá de hoxe, martes 24 de novembro, a Cátedra de Protección Civil e Xestión de Emerxencias, promovida pola Universidade da Coruña (UDC) e pola Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol e adscrita á Facultade de Ciencias do Traballo, organizaba un obradoiro de prevención de lesións lumbares mediante o uso de sensores, dirixido ao persoal de emerxencias.

Indo á actividade, dicir que se levou a cabo nas instalacións do Parque de Bombeiros de Ferrol, co obxectivo de promover a prevención de riscos laborais e de mellorar a hixiene postural destes profesionais durante o desempeño das súas funcións. A proposta centrouse na importancia de manter unha correcta hixiene postural durante o levantamento e a manipulación de cargas, tarefas habituais nos traballos dos e das profesionais de emerxencias que poden incrementar o risco de lesións musculares e da columna vertebral.

O programa combinou unha charla sobre hixiene postural, impartida polo investigador do Laboratorio de Enxeñaría Mecánica, pertencente ao Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI), Florian Michaud, cunha demostración práctica na que as persoas participantes puideron comprobar, mediante o uso de sensores, como inflúe a posición das costas durante a realización de esforzos físicos.

Cómpre salientar deste obradoiro a AppGym, un dispositivo portátil desenvolvido pola spin off Motion and Force Engineering Solutions (MFES), vinculada ao Laboratorio de Enxeñaría Mecánica do CITENI. Esta tecnoloxía permite monitorizar en tempo real a flexión lumbar e alertar de posturas inadecuadas durante o levantamento de cargas.

Engadir que ao longo da sesión, as persoas participantes tiveron a oportunidade de probar esta tecnoloxía que se coloca nas costas e achega un sistema de aviso sonoro que se activa cando se detecta unha postura potencialmente lesiva. Asemade, a través dunha pantalla de ordenador, puideron visualizar o ángulo de flexión da columna vertebral e identificar os movementos que deben corrixir para reducir o risco de lesións. Sinalar que este dispositivo portátil, AppGym, desenvolvido desde o Campus Industrial de Ferrol en colaboración coa Clínica Arriaza, foi recoñecido co segundo premio da Xornada de Innovación en Industria da Maker Faire Galicia 2026.

Para rematar, informar que este obradoiro dá continuidade á xornada de sensibilización e demostración práctica sobre o uso de exoesqueletos pasivos para a prevención de lesións musculoesqueléticas entre os e as profesionais de emerxencias, que tivo lugar o pasado 2 de novembro no Laboratorio de Enxeñaría Mecánica, situado no Edificio de Talleres do campus ferrolán. Ambas as dúas iniciativas comparten o obxectivo de achegar os avances tecnolóxicos desenvolvidos no ámbito universitario aos e ás profesionais de emerxencias da comarca, contribuíndo á prevención de lesións e á mellora das súas condicións de seguridade laboral.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026
sergas_sanidade_xunta-2.jpg
Actualidade

Licitado o servizo do soporte técnico das aplicacións informáticas da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza

24/11/2026
Actualidade

A Deputación da Coruña abre hoxe o prazo para solicitar as axudas do PEL 2027, que renovan apoios para a transformación tecnolóxica

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?