Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

S. P.
Publicado: 24/11/2026
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, presentou o material electoral que se empregará nas eleccións xerais do próximo domingo, 29 de novembro e destacou “o importante esforzo humano e loxístico despregado para garantir que a cidadanía poida exercer o seu dereito ao voto con todas as garantías”.

No acto participaron tamén o secretario xeral da Delegación do Goberno, Alberto de la Fuente e a vicesecretaria xeral, Lucía Neira.

Pedro Blanco lembrou que máis de 2,7 millóns de galegos e galegas están chamados ás urnas, dos que preto de 76.000 poderán votar por primeira vez nunhas eleccións xerais. Para esta cita electoral habilitaranse máis de 2.300 locais electorais nos 313 concellos galegos, con case 4.000 mesas atendidas por máis de 11.700 persoas elixidas por sorteo, sinalou, engadindo que foron preparadas máis de 31 millóns de papeletas e máis de 7.800 urnas.

Entre as principais novidades deste proceso electoral, o delegado destacou a posibilidade de identificarse por primeira vez co DNI dixital, a través da aplicación MiDNI. Para facilitar este procedemento, cada mesa electoral contará cun dispositivo de lectura.

Pedro Blanco salientou tamén os avances en materia de accesibilidade. En Galicia recibíronse 350 solicitudes de voto accesible en braille e distribuiranse máis de 8.500 carteis de sinalización para facilitar a orientación das persoas con dificultades de comprensión.

Dispositivo humano e de seguridade

O delegado agradeceu o traballo que leva realizando desde hai semanas o persoal da Delegación do Goberno e das catro subdelegacións para que todo estea preparado de cara ao domingo. Durante a xornada electoral, sinalou, “máis de 2.500 representantes da Administración velarán polo normal desenvolvemento dos comicios, aos que se suma o persoal encargado de atender as posibles incidencias”.

Así mesmo, despregarase un dispositivo de seguridade integrado por preto de 7.700 efectivos da Policía Nacional, da Garda Civil e das policías locais.

O delegado subliñou que “o noso obxectivo é que o domingo todo funcione con normalidade, que cada persoa poida exercer o seu dereito ao voto con liberdade e que a xornada transcorra sen incidencias” e rematou animando a todos os galegos e galegas a participar nestas eleccións.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026
Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?