Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Honor Magic9 Pro Max inicia o seu espallamento internacional
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
TREBELLOS

O Honor Magic9 Pro Max inicia o seu espallamento internacional

Redacción
Publicado: 24/11/2026
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

Honor iniciou a comercialización internacional do Magic9 Pro Max, o seu novo smartphone de gama alta, que destaca especialmente pola colaboración con Arri, o fabricante alemán de cámaras cinematográficas. O teléfono incorpora un sistema fotográfico con dous sensores de 200 megapíxeles, un procesador de imaxe propio e ferramentas de gravación de vídeo desenvolvidas co coñecemento técnico da firma especializada en produción cinematográfica.

O lanzamento internacional comeza en Malaisia, onde as reservas están aberta, iniciando a comercialización o 4 de decembro cun prezo de 5.999 ringgits malaios (1.332 euros) para a configuración con 12 GB de memoria RAM e 512 GB de almacenamento. A chegada a Oriente Medio está prevista para decembro, mentres que o desembarco nos mercados occidentais se producirá en xaneiro, estando o produto xa presente na páxina web española da marca.

Trátase do primeiro buque insignia de Honor froito da colaboración con Arri, integrando tecnoloxías de procesamento de imaxe e ferramentas cinematográficas da firma alemá, coñecida polas súas cámaras empregadas en numerosas producións de Hollywood.

Na súa parte traseira conta cunha cámara principal de 200 megapíxeles con apertura f/1.57 e estabilización óptica, un teleobxectivo tamén de 200 megapíxeles con apertura f/2.6 e estabilización óptica, e unha cámara ultra gran angular de 50 megapíxeles con apertura f/2.0. Os dous sensores principais están equipados cun nivel de estabilización especialmente elevado, co obxectivo de mellorar a nitidez das fotografías e a estabilidade das gravacións. Na frontal conta cunha cámara de 55 Mpíxeles acompañada por un sensor de profundidade.

O novo teléfono pode gravar vídeo en formato Arri LogC3, utilizado nos fluxos de traballo profesionais de produción audiovisual, ademais de perfís de cor e filtros cinematográficos desenvolvidos coa colaboración do fabricante alemán. Os usuarios poderán escoller entre ata 87 estilos de imaxe e gravar con relacións de aspecto propias do cine, como 2,39:1.

A colaboración esténdese tamén ao fabricante de accesorios SmallRig, co desenvolvemento dunha gaiola para cámaras que permite incorporar teleconvertidores específicos de Honor. Os modelos Teleconverter G200 e G500 amplían a distancia focal en 200 e 500 mm, respectivamente, para facilitar a captura de obxectos afastados.

O Magic9 Pro Max incorpora un procesador Snapdragon 8 Elite Extreme Gen 6, acompañado de configuracións de 12 ou 16 GB de memoria RAM e capacidades de almacenamento de 256 GB, 512 GB ou 1 TB. A pantalla é un panel LTPO OLED de 6,8 polgadas, cunha resolución de 2.868 x 1.320 píxeles e frecuencia de actualización variable de entre 1 e 120 Hz. O brillo máximo de ata 10.000 nits.

A batería de silicio-carbono ten unha capacidade de 8.000 mAh e admite carga rápida por cable de ata 100 watts e sen fíos de ata 80 watts. Conta con conectividade Wi-Fi 7, compatibilidade con dúas tarxetas SIM físicas e eSIM, certificacións IP68, IP69 e IP69K de resistencia á auga e ao po, e tamén protección NanoCrystal Shield para a pantalla.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







							banner							
							banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

TREBELLOS

Samsung presenta o primeiro monitor gaming capaz de alcanzar os 1.100 Hz

23/11/2026
TREBELLOS

Primeiros auriculares abertos con deseño de clip de Xiaomi

17/11/2026
TREBELLOS

Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España

17/11/2026
TREBELLOS

Blackmagic Design presenta un micrófono para a captura de audio espacial

13/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?