A Área de Planificación do Concello de A Coruña sacou a concurso a contratación de implantación da Administración electrónica baseada en software libre cun investimento para pór en marcha esta iniciativa de 180.000 euros, tendo este contrato unha duración de 12 meses.
O proxecto enmárcase dentro do obxectivo do Concello coruñés de mellorar os servizos de xestión e atención á cidadanía, proporcionando unha solución tecnolóxica que achegue ó goberno local e á cidadanía as posibilidades dunha Administración próxima ó cidadán.
Con este novo servizo a relación con Concello será multicanle, a través dun CRM que integre a atención presencial, vía web e telefónica, permitindo ós cidadáns o acceso a unha ventá única con rexistro de entrada e saída unificado para a recollida de calquera tipo de documentación.
O Concello de A Coruña investirá 180.000 euros na implantación da Administración electrónica
Compartir Este Artigo

