Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Galiza ocupa a nivel estatal o cuarto lugar en presenza de empresas de software libre
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Galiza ocupa a nivel estatal o cuarto lugar en presenza de empresas de software libre

Fernando Sarasketa
Publicado: 10/12/2007
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

richard_stallman_en_santa_tegra.jpgEn cuestión de presenza no tecido empresarial de iniciativas vinculadas ó código aberto, Galiza segue a ocupar o mesmo posto a nivel estatal ca no ano pasado: o cuarto. Así o podemos ver estes días na actualización dos datos do Libro Branco do Software Libre a través dunha gráfica que distribúe ás empresas rexistradas no directorio segundo a súa procedencia, abranguendo a nosa terra o 7,31% do total. En primeiro lugar seguen, un ano máis, Madrid e Catalunya, con preto do 20% das iniciativas privadas de informática en aberto, seguidas de Andalucía cun 11%. Tralo bo posto acadado por Galiza figuran Euskadi e Valencia.
Na imaxe, un dos grandes gurús do código aberto, Richard Stallman, no castro de Santa Tegra, visto en Vieiros.
As razóns desta relativamente boa clasificación das empresas da nosa terra son moitas e variadas, pero é moi posible que teñan que ver coa necesidade de achar máis e mellores nichos de mercado lonxe da presión das grandes multinacionais (que son as que operan sobre todo nas capitais) e co bo labor de difusión das vantaxes deste tipo de programas de código aberto levada a cabo polos colectivos de usuarios e deseñadores de software libre en Galiza, ben por separado ou ben agrupados en mancomun.org.
Amais diso, a cultura do open source está a ser reforzada por entidades de recente creación como Agasol, a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre, ou coa posta en marcha de actividades formativas como o Master de Caixanova.
Cómpre subliñar que o Libro Branco do Sotfware Libre é unha exhaustiva guía para coñecer de primeira man o estado do open source en España, engadindo datos de interese sobre movemento empresarial ou agrupacións de usuarios, e todo clasificado por comunidades.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

OpenAI e Cisco desenvolven un escudo para protexer sistemas Linux sen interromper o seu funcionamento

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?