
A festa de celebración en Silicon Valley contou coa presenza de Jack Tramiel, fundador de Commodore, que contou as súas experiencias e lembrou que o C64 vendou entre 20 e 30 millóns de unidades, o que resulta realmente impresionante para uns tempos nos que a informática persoal aínda estaba emerxendo. Tamén asistiron o evento personaxes populares coma Steve Wozniak (co-fundador de Apple) ou Al Acorn (creador do videoxogo Pong), de xeito que o encontro supuxo un momento histórico para os nostálxicos dos primeiros videoxogos e ordenadores persoais.
Con respecto á suposta competencia entre Apple e Commodore, parece que houbo un certo consenso en que o C64 foi o equipo popularizado para as masas, mentres que o Apple IIe estaba dirixido para unha elite de usuarios que se podía permitir un equipo moito máis caro.
O Commodore 64 celebra o seu 25 aniversario
Compartir Este Artigo

