A Consellaría de Innovación e Industria apoiará a realización de actividades que promocionen o software libre en Galicia para o que transferirán 675.000 euros ó Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), organismo que desenvolverá tales actuacións.
A Consellaría promoverá o desenvolvemento dun Centro de Referencia e Servizo de software libre que sexa capaz de aglutinar e colaborar na xestión das distintas iniciativas para a promoción do software libre.
Ademais, promoverán as actividades destinadas a promover a localización de software libre en galego co obxectivo de manter actualizada como mínimo unha configuración de escritorio ofimático multimedia completamente funcional en galego.
Innovación e Industria destinará 675.000 euros á promoción do software libre
Compartir Este Artigo

