Os Internet Tablet de Nokia están baseados na plataforma de código aberto Maemo, pero o seu potencial vai mellorar aínda máis grazas a que vai comezar a soportar as bibliotecas Qt de Trolltech (moi utilizadas en desenvolvementos para Linux) de xeito que coexistirán coas bibliotecas GTK+. Unha das principais consecuencias deste paso é que moitas aplicación poderán funcionar tanto nos móbiles Symbian de Nokia coma nos MID baseados en Maemo.
Ademais, Nokia tamén está a patrocinar o proxecto para adaptar a distribución de Linux Ubuntu a procesadores ARM, ou sexa, para que nun futuro funcionen nos seus Internet Tablet. Esta tarefa está a levarse a cabo por parte do equipo Handheld Mojo de Ubuntu, que xa está a dar os seus primeiros froitos, polo que o Ubuntu para dispositivos coma o Nokia N800 ou N810 podería ser realidade en breve.
Os Internet Tablet de Nokia contarán con bibliotecas Qt e versión de Ubuntu
Compartir Este Artigo

