
Esta versión de Ubuntu se está a desenvolver en colaboración con Intel, e pretende achegarse aos ordenadores ultraportátiles de baixo custo que o fabricante de procesadores chama netbooks. Moitos destes equipos están a venderse tanto con Linux coma con Windows XP, pero as distribucións de Linux (coma o Xandros que inclúe o Asus Eee PC) aínda son poucas e están bastante limitadas, polo que a entrada de Ubuntu neste mercado podería ampliar as opcións dos consumidores.
Ubuntu prepara unha distribución para ultraportátiles de baixo custo
Compartir Este Artigo
