
Deste xeito os usuarios de Firefox 3 poderán traducir a aplicación en galego con só picar sobre o botón de «Añadir a Firefox» do apartado correspondente do repositorio de engadidos. Na mesma web tamén podemos atopar a tradución ao galego do lector de correo Thunderbird e do vello Firefox 2.
Aparte dunha instalación máis doada, cando se actualicen os paquetes de tradución as nosas aplicacións poranse ao día automaticamente, o que facilita o día a día con estes populares programas da Fundación Mozilla.
O paquete de idioma galego para Firefox 3 xa está dispoñible dende addons.mozilla.org
Compartir Este Artigo
