
A aplicación desenvolvida en GTK+ permite a reprodución dos streams de radio de Last.fm, permite etiquetar temas, intérpretes e álbums, deixa enviar recomendacións a outros usuarios, conta coa opción de gardar no noso disco duro cancións de balde e moitas outras opcións típicas desta especie de radio en liña que se adapta aos gustos dos usuario.
Nos PC xa se podía empregar Vagalume dende Linux, pero a versión para Windows amplía a súa base de usuarios potenciais, que para a súa instalación deberán contar tamén coas librarías correspondentes de GTK+ e GStreamer (sobre as que se sostén a aplicación).
Actualmente está dispoñible a versión 0.6 de Vagalume, pero xa está anunciada a pronta publicación da versión 0.7 corrixindo algúns fallos detectados ata o momento.
Vagalume 0.6 permite escoitar a música de Last.fm dende Windows
Compartir Este Artigo
