RedCoruna, empresa de aloxamento web de orixe galego, vén de inaugurar un novo blog empresarial (www.blog.redcoruna.com) dirixido a permitirlles aos seus usuarios participar activamente e interactuar cos responsables da firma en tempo real, consultando todo o que precisen en relación co mundo Web 2.0 e con outro amplo abano de temas relacionados coas TIC.
Dende o pasado mes de setembro, este blog está a disposición de todos aqueles usuarios que precisen da axuda dos técnicos de RedCoruna, así como daqueles clientes que teñen necesidade de dar a coñecer as súas opinións ou desconformidades co servizo de hosting.
A intención dos responsables desta iniciativa é coñecer a opinión dos clientes e “poder mellorar e evolucionar nos servizos, para proporcionar en cada momento o demandado polo público”.
RedCoruna opera dende o ano 2002 como provedor de aloxamento web, xestión de dominios e servidores dedicados. Dispón de servidores propios e rede nos dous únicos centros de datos que dispoñen do punto neutro español Expanix, Banesto e Global Switch.
Con este novo servizo, a empresa galega pretende achegarse “máis e mellor” aos seus clientes habituais, e coñecer de primeira man as súas impresións.
Novo blog empresarial para usuarios de RedCoruna
Compartir Este Artigo

