
A exposición pretende que os visitantes poidan gozar dunha experiencia nova e diferente á dos museos convencionais ao coñecer as novas tecnoloxía aplicadas ao mundo audiovisual de xeito lúdico, así como para servir de escaparate e ponte entre o traballo que están a desenvolver as universidades e empresas galegas co resto da sociedade.
Fernández Iglesias destacou que a exposición está pensada para que os visitantes non sexan simples espectadores, senón que poderán participar en todo o seu percorrido, destacando tamén que este tipo de iniciativas permiten «amosar o traballo galego máis aló das nosas fronteiras e ensinarlle ao mundo que somos pioneiros en novas tecnoloxías e na incorporación dos cidadáns á sociedade da información».
A exposición itinerante Galiciadixital chega a Roma
Compartir Este Artigo

