INEO, a asociación de referencia do sector TIC en Galicia, celebra este mércores a partir das 10:00 horas no Auditorio da Zona Franca unha xornada na que presentará os proxectos e actividades nos que ten previsto traballar durante este ano 2009.
Trátase de proxectos e actividades enmarcados nos ámbitos de mercado, innovación e cooperación sempre co obxectivo último de mellorar os niveis de competitividade das 88 empresas do sector TIC que actualmente forman parte da asociación.INEO, a asociación de referencia do sector TIC en Galicia, celebra este mércores a partir das 10:00 horas no Auditorio da Zona Franca unha xornada na que presentará os proxectos e actividades nos que ten previsto traballar durante este ano 2009.

Trátase de proxectos e actividades enmarcados nos ámbitos de mercado, innovación e cooperación sempre co obxectivo último de mellorar os niveis de competitividade das 88 empresas do sector TIC que actualmente forman parte da asociación.
Tras a presentación do Plan operativo INEO 2009, haberá un relatorio no que se explicarán as vantaxes da implantación de sistemas de calidade nas empresas como ferramenta clave para competir no mercado actual. Abordarase o tema a nivel autonómico e tamén a nivel europeo por parte da empresa certificadora Det Norske Veritas (DNV) e aproveitarase ademais para facer entrega dos correspondentes certificados para as empresas de INEO que implantaron sistemas de calidade.
A xornada repetirase o vindeiro xoves á mesma hora na sede da CEG en Santiago de Compostela.
INEO organiza xornadas para dar a coñecer a súa estratexia para o presente ano
Compartir Este Artigo