Microsoft que animar aos usuarios da Xbox 360 que aínda non teñen contas de usuario Gold (que permiten gozar de descargas de demos en primicia do Bazar de Xbox LIVE e xogar en liña cunha calidade e estabilidade moi superior a outros servizos para consolas domésticas) a probar esta experiencia entre os días 1 e 4 de maio nun evento que chaman Xtival ‘09, e que converterá que todos os usuarios de Xbox LIVE en Gold durante a longa fin de semana.
Para facer máis atractiva esta celebración europea, realizaranse competicións e torneos, á vez que se aproveitará o momento para lanzar descargas de vídeo moi interesantes. Microsoft incluso pon a disposición dos usuarios un grupo de asistentes que poden engadirse como amigos para poder preguntarlles as dúbidas que vaian xurdindo nestas xornadas.
Xbox LIVE será de balde a vindeira fin de semana
Compartir Este Artigo

