Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os internautas alemáns unidos en prol da industria dos videoxogos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os internautas alemáns unidos en prol da industria dos videoxogos

Raquel Noya
Publicado: 29/07/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

videoxogos_violentos.jpgLogo de que no pasado mes de xuño, 16 ministros alemáns lle pediran ao Bundestag que prohibira a creación e distribución de xogos que implicasen actos violentos ou simulados contra seres humanos, os internautas e afeccionados a este tipo de pasatempos non se fixeron agardar, e veñen de subscribir unha petición por Internet nos foros oficiais do parlamento alemán para pedirlle ao executivo alemán que “reconsidere a medida”.
En Alemaña, segundo puidemos ler hoxe no xornal El Mundo, calquera cidadán pode presentar unha petición perante o Busdestag, ben sexa por escrito ou a través da Rede, para que sexa publicada e discutida nos foros oficiais do organismo. Segundo afirma, “calquera petición que recabe o apoio de 50.000 sinaturas en menos de seis semanas, obriga ao Parlamento a ler e discutir o tema que esa petición trate”.
Xa que logo, os plans do goberno alemán de prohibir os videoxogos violentos terán que agardar a lo menos un pouco máis, xa que un total de 67.000 internautas (unha cifra substancialmente superior ás 50.000 requeridas) subscribiron a súa petición ao respecto.
A intención do Goberno alemán era que a prohibición se aprobara antes das eleccións de setembro, porén a oposición creada na Rede, personificada nesas 67.000 sinaturas, obriga ao Parlamento a examinar e debater as demandas dos xogadores. A devandita petición colectiva pide que “se impida a prohibición de videoxogos violentos” e que, en contrapartida, se tomen medidas para “manter eses xogos lonxe dos nenos e nenas menores”. Asemade, o colectivo asinante, aproveitando a coxuntura, desexan “unha maior promoción por parte do goberno alemán da industria dos videoxogos”.
Porén, pese ao número de sinaturas recadadas, a petición podería servir tan só para retrasar a medida e seguir adiante coa prohibición de distribuir videoxogos violentos, tal e como pasou recentemente coa petición de frear unha lei para a censura na Rede interposta por máis de 130.000 internautas, que finalmente segueu adiante con éxito.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026
Actualidade

O CITIC pon o foco na privacidade dos grupos de mensaxería no seu novo Almorzo TIC Talk

25/11/2026
Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?