Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O proxecto Galicia na Rede procurará ordenar a presenza da Xunta na Internet
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O proxecto Galicia na Rede procurará ordenar a presenza da Xunta na Internet

Redacción
Publicado: 30/07/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Modernización presentou o proxecto Galicia na Rede no Consello da Xunta
Modernización presentou o proxecto Galicia na Rede no Consello da Xunta
A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica presentou hoxe ao Consello da Xunta o proxecto Galicia na Rede. Este proxecto supón un novo modelo da presenza da Xunta e do conxunto da Administración pública de Galicia na Internet.
Na actualidade, o portal Xunta.es está máis centrado na propia Administración que nos cidadáns, moi condicionada pola estrutura organizativa dos departamentos da Xunta, polo que amosa escasa utilidade real xa que apenas ofrece contidos e servizos de interese para a cidadanía. A isto súmase a forte dispersión das iniciativas dentro da Administración pública de Galicia, de explotación da Internet con máis de 200 portais corporativos, funcionais ou temáticos que provocan un escaso aproveitamento horizontal e duplicidade de servizos, e unha multiplicidade tecnolóxica que ocasiona unha barreira para a integración de contidos e servizos no portal corporativo e o seu desenvolvemento avanzado en relación co usuarios.
300709_consello_03.jpgAnte esta situación o proxecto Galicia na Rede supón a posta en marcha dun novo modelo de presenza da Administración pública galega na Internet co obxecto de recuperar a función estratéxica como canle de comunicación de referencia, como portal de servizos orientados ao cidadán e de acceso a Administración electrónica. E debe ser capaz de proxectar unha imaxe da Administración galega e de Galicia no exterior. Promoverá escenarios de participación evolucionando cara ao concepto da web 2.0 e incrementar contidos orientados a difusión da imaxe de Galicia e non unicamente da súa actividade institucional.
O proxecto non se limita á web institucional Xunta.es senón que comprende todas as webs vinculadas á Administración pública, permitindo compatibilizar un portal corporativo de referencia coas iniciativas na Internet que acometan as distintas consellerías e racionalizar os recursos humanos, tecnolóxicos e económicos dedicados á presenza da Xunta na internet.
A partir de outubro porase en marcha unha enquisa aos cidadáns coa que se busca obter información sobre o perfil do cidadán que se achega á Xunta a través da internet, así como dos servizos que espera recibir a través desta canle desde a Administración pública.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026
Actualidade

O CITIC pon o foco na privacidade dos grupos de mensaxería no seu novo Almorzo TIC Talk

25/11/2026
Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?