
Segundo conta Mancomún, para procurar un termo nos dicionarios abondará con seleccionar o termo que queiramos buscar, acceder ao menú contextual premendo o botón secundario do rato e na opción “procurar” elixir calquera dos recursos lingüísticos cos que vén sendo compatible esta extensión.
A definición do termo figurará nunha nova xanela.
Cómpre sinalar que polo de agora o devandito engadido achega a posibilidade de facer pescudas no dicionario da Real Academia Galega (RAG) e máis no Estraviz. Porén, o obxectivo do responsable desta extensión do Firefox é achegar compatibilidade total con todas as fontes posibles. Como todos os proxectos abertos en desenvolvemento, o que estamos a presentar agora fica coas portas apertas para suxestións e colaboracións.
Na Rede o complemento Dicionarios de Galego para Firefox
Compartir Este Artigo

