Entre os días 12 e 13 de novembro terá lugar o simposio O libro dixital: Presente e futuro organizado pola Asociación Galega de Editores (AGE) e CEDRO coa colaboración do Consello da Cultura Galega (que servirá de sede para o encontro) e que contará coa asistencia dunhas 120 persoas que debaterán sobre o formato do libro electrónico.
A conferencia inauguralterá lugar este xoves da man de Javier Celaya, socio-fundador de Dosdoce.com e vicepresidente da Asociación de Revistas Dixitais de España (ARDE), ao que seguirá Chama García, director comercial de Publicidisa, que falará da experiencia dixital desta nova editorial, pioneira na conversión e comercialización de e-books. Pola tarde terá lugar unha mesa redonda arredor da web e o libro dixital, coa participación de Marcos Taracido (Libro de Notas), Xaime Nogueira (Andel Virtual) e Fernando Garrido (Observatorio para a Cibersociedade).
A xornada do venres comezará cun relatorio de Manuel Bragado, director de Xerais, quen falará da situación do libro dixital en Galicia, tralo que celebrarase un debate sobre os formatos do libro electrónico con representantes de Leer-e, Luarna e Soybits. Xa pola tarde o director de Google Books en España exporá o proxecto do libro dixital da súa compañía.
Programa do simposioO programa do simposio quedaría coma segue:
12 de novembro
09:30 Recollida de documentación.
10:00 Sesión inaugural: presidente da Asociación Galega de Editores, Presidente do Consello da Cultura Galega e Director Xeral de Promoción e Difusión da Cultura, da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.
10:30 Conferencia: Conferencia inaugural:
“O libro dixital: presente e futuro” Conferenciante: Javier Celaya Presenta: Alfonso García Sanmartín, Presidente da AGE.
11:30 Pausa-Café
12:00 Conferencia: “Publidisa, a experiencia do libro dixital” Conferenciante: Chema García, Director comercial de Publidisa Presenta: Victor Fernández Freixanes, da Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do Consello da Cultura Galega.
13:00 Mesa redonda: “Novos paradigmas para editores e lectores” Participantes: Pablo Odell, de Tokland Javier Jiménez, de Paradigma del Libro. Pedro Silva, de Algueirada,S.L. Presenta: Luz Picos, da AGE.
14:00h Remate xornada da mañá.
16:30 Conferencia: “A edición dixital no contexto internacional” Conferenciante: Josep María Vinyes e Iolanda Behencourt. Presenta: Laura Rodríguez, de Hércules Ediciones.
18:00 Mesa redonda: “A web e o libro dixital” Participantes: Marcos Taracido, de Libro de Notas. Xaime Nogueira, de Andel Virtual. Fernándo Garrido, do Observatorio para a Cibersociedade. Presenta: Paco Macías, de Edicións Positivas.
20:00 Remate da xornada.
13 de novembro
10:00 Conferencia: “O libro dixital en Galicia”
Conferenciante: Manuel Bragado, Director de Edicións Xerais de Galicia Presenta: Henrique Alvarellos, de Alvarellos Editora.
11:00 Pausa-Café
11:30 Mesa redonda: “Libro electrónico: formatos, aparellos e seguridade” Participantes: Ignacio Latasa, Director de Leer-e. Antonio Quirós, Conselleiro Delegado de Luarna. Alberto Cano, de Soybits (tendencias na industria editorial) Presenta: Fran Alonso, Vicepresidente da AGE.
13:00 Conferencia: O libro en Francia Conferenciante: Denis Zwirn, Director de Numilog (Francia). Presenta: Ana Guerra, de Edicións Obradoiro.
14:00 Remate da xornada de mañá.
16:30 O proxecto de libro dixital de Google: Luís Collado, de Google Book en España. Presenta: Pilar Sampil, de Editorial Galaxia
17:30 Conferencia de clausura: “O futuro do libro” Conferenciante: Joaquin Rodríguez, de O futuro do libro, director do Máster Edición de Salamanca. Presenta: Francisco Villegas, de Edicións do Cumio-Ellago.
19:00 Peche das xornadas.

