
O curso, organizado en Vigo pola Vicerreitoría de Formación e Innovación Educativa, contará coa participación en labores de docencia de Xosé Antón Vila, profesor da ETSE de Enxeñería Informática, que afondará perante os seus compañeiros nas múltiples e variadas posibilidades que ofrecen estes sistemas operativos libres.
A iniciativa, de dez horas de duración, desenvolverase os días 8 e 15 de marzo de 10.00 a 14.00 horas e o 22 de marzo de 10.00 a 12.00 horas.
Segundo informa a Universidade, serán tres sesións dirixidas a calquera docente que estea interesado en aplicar as ferramentas do software libre ás súas materias. Os métodos a empregar serán os de prácticas guiadas e o material dispoñible ao completo ficará dispoñible na web para quen desexe facer uso del ou desenvolvelo, do mesmo xeito que calquera outra ferramenta informática aberta.
Entre outros temas, practicarase con procesadores de texto, presentacións multimedia, follas de cálculo e ecuacións matemáticas, bases de datos e tamén programas de debuxo.
O curso, que xa ten aberto o período de matrícula, conta con 20 prazas que se irán cubrindo por rigorosa orde de inscrición. A reserva de praza pode facerse a través da plataforma dixital, Bubela, ou tamén pedindo información no teléfono 986813596 ou no correo electrónico formacion.profesorado@uvigo.es.
A Universidade de Vigo acolle un curso de mellora en OpenOffice para docentes
Compartir Este Artigo
