Pese a que Windows 7 teña soporte para pantallas táctiles, non destaca especialmente para tal funcionalidade, o que podería solucionarse mediante novas capas de interface como a que veñen de presentar dende UI Centric, equipo que desenvolveu Macallan, unha interface de usuario para Windows 7 deseñada dende cero para dispositivos tipo tablet e que buscaría aproveitar o feito de que con tal plataforma podería terse multi-tarefa nativa, soporte de Flash, soporte de tarxetas de memoria e unidades USB e funcionalidades de cámara e videoconferencia.

Presentación en vídeo da interface de usuario Macallan
Macallan chega como unha nova interface tablets con Windows 7
Compartir Este Artigo
