Google está ultimando unha nova funcionalidade para os seus servizos web que permitiría que os usuarios que conten con varias contas poidan acceder ás mesmas dende un mesmo navegador web.
A identificación múltiple está a difundirse polos servidores de Google e inicialmente funcionará en Gmail, Google Calendar, Google Sites, Google Reader, Google Voice, App Engine e Google Code, e permitirá o cambio dunha conta a outra dende un cadro despregable, o que resulta rápido e doado.
Actualmente era posible utilizar varias contas de Google de xeito simultáneo a través de distintos navegadores, solución que continúa a ser bastante válida en moitas situacións, tendo tamén que advertirse que o uso de varias contas simultáneas non está dispoñible en dispositivos móbiles.
Google permitirá acceder aos seus servizos dende múltiples contas á vez
Compartir Este Artigo
