O ano pasado durante o evento Google I/O nacía unha estrela chamada Google Wave, e que buscaba converterse na tecnoloxía que tomase o relevo do correo electrónico, entrando en fase pública de probas a finais de setembro e abríndose totalmente ao público xeral o pasado mes de maio, nunha traxectoria que comezou extraordinariamente ben, con usuarios que chegaron a pagar en eBay por invitacións para poder probar o servizo nas súas primeiras fases, pero non logrou manter a atención, de xeito que esta revolucionaria plataforma de intercomunicación que podería integrarse en moitos servizos, non conseguiu facerse cun oco no mercado, sendo incapaz de atraer usuarios, polo que Google anunciou o cese do seu desenvolvemento, manténdoo operativa a súa web ata finais de ano, cando é moi posible que pechen definitivamente Google Wave coma produto autónomo, aínda da que súas innovacións seguirán adiante noutros produtos de Google (un claro exemplo son as funcións de arrastrar e soltar ficheiros que incorporou Gmail hai pouco).
Estamos ante un dos moitos servizos innovadores que Google tivo que abandonar nos últimos meses, nos que dixeron adeus ao sistema de chat 3D Lively, Google Video, Google Notebook e outros produtos entre os que non sorprendería que fose a parar tamén Buzz, xa que Google está a centrar os seus esforzos nos seus puntos fortes.
Cesan o desenvolvemento de Google Wave
Compartir Este Artigo
