A plataforma española para redes sociais Tuenti vén de innovar ao incorporar de xeito nativo, adiantándose así aos seus competidores, dunha ferramenta que facilita a realización de videoconferencias, de xeito que poténciase a comunicación cara a cara cos amigos, aproveitando o feito de que cada vez son máis os equipamentos informáticos que contan con cámara web e micrófono.
Actualmente Tuenti lidera as redes sociais na Internet española entre a mocidade, con máis de 100 millóns de mensaxes intercambiadas ao día, e vén de cambiar o seu accionariado, de xeito a compañía pertence a Movistar, o que polo momento non parece estar a afectar á operativa da empresa, coma confirma esta última prestación incorporada ao servizo.
Tuenti integra videoconferencia, facilitando a comunicación cara a cara entre os seus usuarios
Compartir Este Artigo
