O vindeiro 15 de outubro o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) celebrará a II Noite da Enxeñaría en Informática no Hostal dos Reis Católicos (Santiago de Compostela), acto no que pretenden xuntar a boa parte dos seus preto de 300 colexiados que desenvolven a súa actividade profesional na nosa comunidade autónoma e no que tamén farán entrega dunha serie de premios destinados a recoñecer iniciativas ou persoas destacadas no ámbito da Enxeñaría Informática, entre os que destaca o Premio ao Proxecto Innovador, que recae o sistema electrónico de facturación da Xunta de Galicia, posto en marcha pola Consellería de Facenda o pasado 26 de febreiro para garantir o pagamento nun máximo de 45 días, 15 menos que o prezo legal vixente, conseguíndose reducir a 21,75 días o tempo medio de pagamento de facturas aos seus provedores apenas catro meses despois da súa implantación.
Co sistema de facturación electrónica o Executivo galego adiantouse 2 anos á obriga legal de pagar como máximo en 45 días, e na actualidade xa están a tramitar de xeito electrónico o 14,1% das facturas, merando esta proporción continuamente, chegando ao 22,7% das facturas do mes de xuño.
Dende o CPEIG consideraron que esta iniciativa autonómica cumpre con todos os condicionamentos de innovación, tecnoloxía e servizo público para poder recibir o seu recoñecemento durante a II Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia, na que tamén galardoarán ao Cluster TIC de Galicia, ao Plan Estratéxico Tecnolóxico Global da Xunta, a Pablo Santos Luaces (Códice Software) e a un Proxecto Fin de Carreira (que será o único premio que contará con dotación económica).
O CPEIG premiará o sistema de facturación electrónica da Xunta
Compartir Este Artigo
