Tras varios meses en probas, Google vén de incorporar ao seu buscador de páxinas web a busca en tempo real, de xeito que nos resultados de busca intégranse unha serie de informacións de fontes específicas seleccionadas pola súa inmediatez, de xeito que podemos obter datos de última hora sobre a actualidade. Para facilitar a proba deste tipo de busca dende Google tamén permiten facelas directamente dende un buscador independente centrado no tempo real.
Esta nova funcionalidade de Google resulta moi práctica, permitindo incluso o refinamento dos resultados de busca por proximidade xeográfica e no caso de informacións orixinadas en Twitter tamén facilítase o seguimento das conversas nas que se orixinou para poder navegar por toda a conversa de vez (organizando os tuiteos en orde cronolóxica para facilitar a súa lectura). Estas últimas melloras só están dispoñibles en conversas en inglés, xaponés, ruso e español.
Explicación en vídeo da nova funcionalidade de Google
Google integra a busca en tempo real
Compartir Este Artigo
