Os libros electrónicos están a revolucionar o mercado, e así coma Amazon anunciaba que xa vendía máis e-books que libros en tapa dura, agora dende HarperCollins anuncia que o último thriller de Laura Lippman titulado I’d Know You Anywhere, que saíu á venda o pasado día 17, vendeu xa 4.739 e-books fronte a 4.000 libros en formato físico, polo que sería o primeiro produto da editorial en vender máis en soporte electrónico durante o seu lanzamento.
O vicepresidente senior de HarperCollins, Frank Albanese, tamén precisou que cando un libro recibe boas críticas consegue unhas vendas no seu soporte dixital moito máis rápidas, posto que os lectores poden adquirilos e comezar a lelos de xeito inmediato.
Un novo thriller estreouse con mellores vendas en formato electrónico que físico
Compartir Este Artigo
