A Asociación de provedores de sistemas de rede (asLAN) está a organizar por todo o territorio estatal unha xira destinada a informar polo miúdo sobre novos recursos e novas tendencias tecnolóxico-dixitais ao servizo das empresas. Este Tour Tecnolóxico, que vai pola sexta edición, inclúe unha parada na nosa terra, máis en detalle na Coruña, o vindeiro 28 de setembro no Hotel Hesperia Finisterre a partir das 9 da mañá. A entidade organizadora, integrada por compañías estatais do eido das redes e as telecomunicacións, quere convocar con esta xira ao meirande número de directivos e profesionais da empresa e as administracións públicas. Máis polo miúdo e segundo se informa na web de @asLAN e na da asociación galega EGANET, esta sexta edición do Tour ofrece “a oportunidade de coñecer novas tecnoloxías, formas de expor as infraestruturas e modelos de negocio, amais de novos xeitos de compartir experiencias de valor con outros profesionais”.
Como dixemos, as actividades dará comezo ás 9 horas, estando previsto 10 minutos máis tarde o acto de apertura, que contará cun representante da Xunta de Galicia aínda por desvelar.
Entre os relatores da xornada atópanse Enrique Birlanga, xerente de desenvolvemento de Negocio de APC, Juan José Roncero, de Allied Telesis, ou Miguel Cordón, responsable comercial Madrid e Noroeste de HP Networking. Tamén está previsto que participen Santiago Martin (Panasonic), Juan Toboso (Codine), Eduardo Vales (Flytech), Raymond Florado (Alvarion), Javier Gómez (Meru Networks) ou Miguel Ángel Guerra (D-Link), entre outros moitos profesionais das TIC.
A xira tecnolóxica de asLAN chega á Coruña o día 28 de setembro
Compartir Este Artigo

