España acadou os 26,9 millóns de internautas no primeiro trimestre deste ano, segundo o Informe anual A Sociedade en Rede 2009 do Observatorio Nacional das Telecomunicacións e a Sociedade da Información (ONTSI), da Secretaría de Estado de Telecomunicacións. Segundo o informe, o 95% dos fogares españois con Internet ten conexión de banda larga, co que supera en 9 puntos a media europea e mellora nun 8% os datos de 2008.
Explica tamén que España ocupa un dos primeiros postos entre os países da UE polo que se refire a empresas con banda ancha, cun 98%, fronte ao 88% de media da UE, explica o estudo. O 54% dos fogares españois tivo o ano pasado acceso a Internet, o que supuxo un crecemento anual de 3 puntos porcentuais.
De todas as conexións, as realizadas con banda larga alcanzaron o 51% dos fogares, o que significou un incremento do 5% sobre o ano precedente.
Segundo estes datos produciuse un crecemento das redes sociais de forma que España é xa a terceira no ránking mundial de porcentaxe de usuarios activos destas redes, cuxas actividades son as que máis creceron en usuarios no último ano.
O gasto total en servizos TIC en fogares para o ano 2009 foi de 13.735 millóns de euros, cun incremento interanual do 4,7%, segundo o informe, que sinala tamén, que o gasto total en Internet mantivo a tendencia ascendente neste último ano, cun incremento do 13,2%. O gasto medio mensual en Internet por fogar no ano 2009 mantívose estable en 26,9 euros.
No tocante á telefonía móbil superáronse os 55 millóns de liñas, o que supón unha penetración do 118% na poboación.
Segundo o informe do ONTSI o gasto acumulado de fogares en telefonía móbil en 2009 foi 6.240 millóns de euros, o 8,7% máis que o ano anterior.
Por último, o informe destaca que en España a cobertura da TDT practicamente alcanza o 99% do territorio nacional e que ademais, o 89,4% dos fogares españois conta con TDT, cifra que se eleva ao 94,5% se inclúen outras plataformas (cable, satélite, IPTV).
España chega aos 27 millóns de usuarios da Internet
Compartir Este Artigo
