Tres días despois da inauguración da primeira edición da feira de entretemento familiar, Diverfam, o público segue a acudir en masa ás instalacións do Pabellón 5 do IFEMA de Madrid, onde entre outras cousas, ten a oportunidade de probar as últimas novidades achegadas por PlayStation en materia de videoxogos ao noso país.
A firma participa neste exitoso evento cun concorrido stand no que as persoas visitantes poden probar as grandes apostas enfocadas a un público familiar. Xogos como Patito Feo: El juego más bonito, InviZimals™: La otra dimensión, o EyePet™ para PSP™, atraen a un gran número de curiosos que se animan a botar algunha que outra partida nos distintos puntos dispostos para tal fin.
PlayStation tamén organiza torneos abertos ao público no que os gañadores conseguen premios tecnolóxicos para o seu ocio. Neles, os participantes deben demostrar as súas dotes artísticas e interpretar as cancións da serie de televisión Patito Feo, unha das preferidas do público máis miúdo.
Porén, durante os torneos, non so disfrutan os concursantes, e o público asistente tamén se divirte coas actuacións, bailando e animando.
Ao longo de toda a fin de semana, Diverfam seguirá en Madrid facendo as delicidas de maiores e cativos, cos seus concursos e a súa oferta “máis familiar”, ata a súa clausura o vindeiro domingo día 12.
Ademais dos devanditos xogos, o stand de PlayStation tamén permite probar títulos tan destacados como EyePet Move Edition, LittleBigPlanet 2 ou Toy Story 3, o videoxogo baseado na película de Disney/Pixar.
O público de Diverfam achégase ás últimas novidades de PlayStation
Compartir Este Artigo

