O vindeiro luns ás 12:00 horas na Fundación Caixa Galicia sita no Cantón Grande coruñés terá lugar o primeiro Obradoiro stop motion Super Mario, un evento que repetirase os días 28 e 29 de decembro e 3, 4 e 5 de xaneiro, que servirán para que os nenos galegos poidan aprender os fundamentos da imaxe en movemento e a animación, descubrindo as semellanzas entre as expresións artísticas da hai milleiros de anos e as actuais, podendo incluso participar no desenvolvemento dunha pequena animación empregando a técnica do stop motion.
Os responsables deste obradoiro ensinarán aos participantes a enfrontarse ás mesmas dificultades que tivo Shigeru Miyamoto para crear un Mario en movemento mediante a técnica da cronografía inventada no século XIX por Eadweard Muybridge. Os cativos deberán que empregar distintos elementos para recrear as probas que ten que superar Super Mario nos seus xogos, tirándolle unha fotografía a cada paso, para que ao dar velocidade ás imaxes sucesivas teñamos a sensación de ver movemento, cobrando vida o personaxe.

Esta actividade está enmarcada na exposición Super Mario: 25 anos, unha retrospectiva dos xogos do fontaneiro máis coñecido do mundo, na que os visitantes poderán gozar de xogos coma o Donkey Kong orixinal (primeira aparición de Mario co nome de Jumpman) ata os actuais New Super Mario Bros Wii e Super Mario Galaxy, pasando polo revolucionario Mario 64 (rechamante pola recreación dun mundo aberto en 3D). Toda unha experiencia que servirá para lembrar vellos tempos (no caso dos visitantes de maior idade) ou para coñecer as orixes que deron lugar ao personaxe máis querido e coñecido do mundo dos videoxogos.
Novacaixagalicia organiza un taller de stop motion con Super Mario
Compartir Este Artigo

