Iberbanda, empresa na que recaeu unha parte dos dos traballos de achegamento de rede a aquelas zonas da nosa xeografía que aínda non tiñan unha oferta de calidade, vén de pór en marcha unha serie de melloras no seu servizo de atención ao cliente cara á cidadanía galega. Este servizo, que se une á ferramenta habilitada para consultar a cobertura desta infraestrutura (WiMAX de banda larga), constitúe unha integración nunha única achega (o número de balde 1630) dos números previos de atención ao cliente para contratación e para incidencias na nosa terra. O departamento, que atende en galego ou en castelán, segundo se requira, ten agora horario ata as 12 da noite, de luns a domingo.
A través del pódese contratar a dita conexión WiMAX ou solucionar calquera dúbida que xurda sobre esta tecnoloxía. A empresa ten arestora unha cobertura que abrangue 7.771 núcleos do rural, chegándose a un total de 432.696 habitantes. Respecto ao desenvolvemento dos traballos, dicir que a día de hoxe remataron as infraestruturas do sur de Lugo, onde a empresa xa ten 1.000 clientes e agarda ter moitos máis en breve.
Iberbanda mellora o seu servizo de atención ao cliente na nosa terra
Compartir Este Artigo
