
Tras o xantar deste evento que chega á súa 17ª edición os participantes poderán acudir ao Balneario de Carballo, a poucos metros do restaurante, para recibir un tratamento de auga termal cun 50% de desconto.
O prezo do xantar será de 15 euros, e o tratamento termal custará 6,25 euros. Dende a organización do evento tamén animan aos interesados a botar un ollo ao programa De Bares de V Televisión para saber algo máis do restaurante que acollerá o evento o último venres do presente mes.
A 17ª edición da LaconNetwork terá lugar o vindeiro venres en Carballo
Compartir Este Artigo

