
Deste xeito, o vindeiro 29 de xullo ás 14:00 horas comezará a 19ª edición da LaconNetwork no Peirao de Curuxeiras no Porto de Ferrol, onde collerase a lancha de Mugardos para chegar ao Restaurante La Isla no que terá lugar o encontro de profesionais do sector TIC galego, e que rematará cun paseo turístico pola ría.
Parece así que este mes búscase repetir o éxito da edición de setembro de 2010, cando a LaconNetwork trasladouse a Corcubión, completando a xornada cunha viaxe en barco, o que resulta un engadido moi axeitado para este tipo de encontros que buscan percorrer toda a xeografía galega para facilitar o contacto e a participación dos profesionais do sector tecnolóxico da nosa terra.
Os interesados en participar no encontro que terá lugar o último venres do mes deben inscribirse no correspondente formulario da súa páxina web, recomendándose tamén rexistrar a asistencia no seu respectivo evento en Facebook para dar a coñecer unha listaxe de posibles asistentes e facilitar a comunicación entre os mesmos.
A LaconNetwork viaxará a Mugardos no mes de xullo
Compartir Este Artigo

