Dando continuidade ao éxito das pasadas dúas edicións do encontro profesional B-web que tivo lugar no recinto de EXPOCoruña, do 15 de setembro ao 24 de novembro terán lugar 5 obradoiros que buscan abordar temáticas como o aproveitamento das redes sociais na empresa ou o posicionamento dos espazos web nos buscadores.
Estas xornadas terán un prezo individual anticipado de 50 euros (que pasarán a 70 euros de formalizarse a inscrición a 5 días dos obradoiros), estando limitadas as súas prazas a 50 e contando con profesionais que afondarán nos distintos temas programados dende un punto de vista práctico. Xa está dispoñible para a súa descarga a ficha de inscrición para as obradoiros B-web.
A directora xerente de EXPOCoruña asegura que «a web e o entorno 2.0 revolucionou a comunicación e o comprobamos na asistencia ás dúas edicións de B-web. Nelas condensamos moitos dos temas máis interesantes pero nalgúns podía resultar demasiado breve, polo que decidimos organizar estes obradoiros para ampliar esta información e dende un punto de vista práctico», de aí que establecesen o seguinte calendario: – 15 de setembro: Como buscar emprego a través das redes sociais – 29 de setembro: Redes sociais para PEME – 13 de outubro: Posicionamento web: desenvolvemento de estratexias SEO efectivas – 25 de outubro: Xestión da comunicación de crise en redes sociais – 24 de novembro: Quero ser Community Manager
O obradoiros de cada unhas xornadas desenvolveranse entre as 16:00 e as 20:00 horas.
EXPOCoruña acollerá 5 xornadas prácticas sobre o aproveitamento do contorno 2.0
Compartir Este Artigo

