
As declaracións foron recollidas durante unha charla en La Casa Invisible de Málaga, onde Stallman falou dos riscos de deixar que empresas como as devanditas guíen á xente cando se mergulla nas novas tecnoloxías. Na súa opinión, a súa cruzada contra Microsoft non é persoal, pero sinala que é preciso recoñecer que esta multinacional prexudica á sociedade, polo que “non debe existir”.
Durante a charla, o especialista en programación aberta recordoulles aos presentes que non ten móbil, xa que o considera un obxecto para espiar e manter controlada á xente, ao tempo que aseguraba que endexamais mercará un iPod, un dos trebellos estrela de Apple, á que cualificou de restritiva en extremo, “xa que limita incluso o dereito de executar aplicacións”. E engadiu: “Apple crea esposas dixitais, fai que a xente crea que é cool por ter os seus produtos e realiza xogos de marketing para que as cousas que fai non parezan tan malas como son”.
Stallman carga agora contra Apple
Compartir Este Artigo
