
Estamos ante o primeiro encontro deste tipo que ten lugar en Galicia, buscando converterse nun referente do sector e servindo de punto de encontro da comunidade de desenvolvedores para móbiles que hai en Galicia, así como contribuír á súa formación, para o que contarase coa presenza de relatores de primeira fila que a través de charlas amenas e prácticas compartirán a súa experiencia cos asistentes. Dos 9 relatorios de MobileCONGalicia xa están confirmados 5, nos que participarán Martín Pérez (TROPO), Alberto Ruibal (Mobialia), Eugenio Estrada, Jordi Bonet e Hermes Piqué (Robot Media).
A xornada pecharase coa celebración de AppCircus, un evento internacional que premia as mellores aplicacións móbiles e que chega a Compostela tras o seu paso por Madrid e Barcelona. Este evento é de balde, e durante a súa celebración servirá para presentar as 10 mellores aplicacións seleccionadas entre todas as presentadas, para que un xurado internacional elixa unha gañadores que terá a oportunidade de optar aos Mobile Premier Awards 2012 que se celebrarán no Mobile World Congress de Barcelona.
O MobileCONGalicia celébrase grazas ao patrocinio de TROPO, Blusens e o Concello de Santiago de Compostela, coa colaboración de Iniciador Galicia, Startup Weekend e o Instituto del Emprendedor.
Convocan a primeira conferencia para desenvolvedores para móbiles en Galicia
Compartir Este Artigo

