Entre os días 21 e 25 de novembro a Oficina de Software Libre da Universidade da Coruña realizará unhas Xornadas Técnicas de Software Libre, que pretenden formar aos asistentes nunha serie de ferramentas de software libre moi presentes na actualidade, ofrecendo formación especializada en cada unha delas e difundindo o coñecemento e o uso do software libre.
As xornadas terán lugar na Aula Libre sita no andar -3 do Edificio de Servizos Centrais de Investigación da UDC, e achegarase a Python, Django, Erlang, Haskell, Android e outras plataformas de código aberto atendendo ao seguinte calendario:
· 21 de novembro de 2011: 16:30 a 18:30 Introdución a Python
· 21 de novembro de 2011: 18:30 a 20:30 Introdución a Django
· 22 de novembro de 2011: 16:30 a 18:30 Aplicacións con vídeo con GStreamer
· 22 de novembro de 2011: 18:30 a 20:30 Sistema Virtual. LXC.
· 23 de novembro de 2011: 16:30 a 18:30 Introdución a Erlang
· 23 de novembro de 2011: 18:30 a 20:30 Introdución a Haskell
· 24 de novembro de 2011: 16:30 a 18:30 Introdución a Android
· 24 de novembro de 2011: 18:30 a 20:30 Introdución a Asterisk orientada á VOIP mediante SIP
· 25 de novembro de 2011: 16:30 a 20:30 Introdución á edición de textos con LaTeX
A OSL da UDC organizada unhas Xornadas Técnicas de Software Libre a semana que vén
Compartir Este Artigo
