
O programa da Xornada é como segue: – 10:00 – Apertura – 10:30 – Funcións e arquitectura de seguridade na USC – Relatorio impartido por José Antonio Pizarro Bedoya, responsable da Unidade de Seguridade da Área TIC da USC – 11:30 – Obradoiro: Flu e outras mozas do montón – Responsables do Flu Project ilustrarán sobre o funcionamento do troiano Flu en Windows e Android, así como outras técnicas de hackeo como Man in the Middle e hijacking. – 16:00 – Inteco-CERT – Javier Berciano Alonso, coordinador do CERT de Inteco e Valentín Gutiérrez Boquete, falarán da súa experiencia no CERT. – 17:30 – Delitos na Rede. Anatomía dunha extorsión. Introdución á análise forense informática – Relatorio de Pedro Sánchez, consultor de seguridade de Honeynet e autor do blog ConexiónInversa.
Os relatorios serán de acceso libre (sen rexistro pevio), mentres que o obradoiro está limitado a 32 prazas e terá un custo de 20 euros.
A ETSE da USC celebrará a I Xornada de Seguridade o vindeiro 15 de decembro
Compartir Este Artigo

