O vindeiro 28 de novembro celebraranse as Xornadas de difusión do Proxecto PARNET-tic, proxecto liderado pola Deputación da Coruña e que ten por obxectivo principal a mellora da prestación de servizos locais e a participación cidadá. Neste acto, que terá lugar na Sala Juanjo Gallo da do 6º andar da Deputación Provincial a partir das 10:00 horas, presentaranse as aplicacións desenvolvidas por PARNET-tic na Deputación da Coruña. O evento é de entrada libre ata completar aforo e tamén poderá seguirse a través de streaming.
A finalidade fundamental destas xornadas é concienciar sobre a importancia do acceso, sen exclusións, a Sociedade da Información, así como ofrecer información e resolver dúbidas sobre as solucións software e ferramentas TIC implementar polo Proxecto.
O encargado de abrir estas xornadas será o deputado provincial, Antonio Cañás Varela, ao que seguirá unha presentación das conclusións e resultados de PARNET-tic. Inmediatamente despois, abordarase a Sociedade da Información mediante unha videoconferencia con Pedro Martín (Director do Observatorio Nacional das Telecomunicacións e da Sociedade da Información), a Modernización da Administración Pública por Juan Carlos Forján Gómez (Jefe de Servizo de Aministración Electrónica da Xunta de Galicia), e os Dereitos da cidadanía na sociedade 2.0 por Víctor Salgado (Bufete Pintos & Salgado Abogados, especializado en Dereito Informático). A última parte da mañá dedicarase a unha Mesa Redonda para debater o Proxecto PARNET-tic sobre o terreo: as Antenas como nexo coa cidadanía, moderado por Manuel Veloso (socio consultor de SIMCE Consultores e membro do equipo de avaliación externa de PARNET-tic). Ás 13:45 clausuraranse estas Xornadas.
Estar xornadas tamén recorrerán Águeda (Portugal), Huesca, Almería e Lugo, pasando por esta última cidade galega o vindeiro día 24, no Centro de Innovación Social CIS.
O Proxecto PARNET-tic darase a coñecer a través dunhas xornadas
Compartir Este Artigo

