
Esta reestruturación da directiva, informa a entidade empresarial galega, vai supoñer en boa medida unha continuidade sobre o acadado ata o de agora, moi positivo para o sector, pero tamén unha achega de ilusión renovada e de acubillo extra para novos proxectos.
Na asemblea, amais de terse elixido aos vindeiros responsables directos de AGASOl, tamén se fixo un reconto das actividades desenvolvidas en 2011 e unha aproximación ás que están por vir, que se prevén moitas. O balance do negocio, sinala a asociación, foi “extraordinariamente positivo”.
Alejandro Escobar, da empresa Aitire, seguirá acompañado na directiva de AGASOL por Xavier Castaño –Igalia-; Mª Xosé Fernández –Dimensiona-; Xaime Garaboa –Signo-; e Francisco González –Pexego-, aos que se une Antón Román de Quobis.
Alejandro Escobar, de Aitire, presidente da Asociación Galega de Empresas de Software Libre
Compartir Este Artigo
