
A Noite trasladouse a Vigo e despois a Ordes, recalando agora na Coruña, ampliándose, con cada chanzo que se subiu, o radio de acción e o alcance do traballo conseguido. Así, para esta cuarta convocatoria estendéronse a flexibilizáronse os horarios para abrir o evento a tódolos niveis e persoas interesadas no desenvolvemento web e o software libre. A actividade é de carácter gratuíto, e só precisa de inscrición.
Segundo se informa, as catro organizadoras desta actividade están a pechar fileiras para crear un grupo de usuarios/as galegos/as de Drupal cos seguinte obxectivos:
· Crear un espazo dinámico de referencia de innovación, dinamización e intercambio de coñecemento arredor da Comunidade de usuario Drupal e GNU/Linux
· Fomentar o uso de tecnoloxías libres a abertas no desenvolvemento web.
· Crear un colectivo ou “comunidade” itinerante de intercambio de coñecementos libres, ensinando e sobre todo aprendendo.
O programa desta IV noite Drupal é o seguinte:
· 11:00 – 14:00 : Achégate a coñecer o mundo Drupal e GNU/Linux. Parte da comunidade galega de Drupal estará presente para guiarte nos teus primeiros pasos!
· 16:00 – 20:00
Charla “Ecosistema Drupal” -> @quicoprol
Charla “Localización en Drupal” -> Bouzada
Charla “Openlayers” -> @jcartelle
Charla “Mellorando o rendemento en Drupal 7”
· Noite 22:30 – Fin : Será o momento de falar , programar , compartir , desexar , construír , hackear , aprender , optimizar , ensinar , etc , … todo con como protagonista.
A Coruña acolle o vindeiro sábado a cuarta Noite Drupal & GNU/Linux
Compartir Este Artigo
