
O prazo para enviarlle á organización propostas de charlas ou actividades mantense aberto ata o 7 de abril. As/os interesadas/os en propoñer un relatorio ou un obradoiro deberán facelo atendendo as seguintes instrucións.
Requisitos de presentación
· Temática: estará relacionada co Software Libre, Hardware libre ou coa Cultura Libre en xeral e poden ter todo tipo de enfoques: divulgativo, desenvolvemento, investigación…
· Lingua: poderanse presentar propostas en galego, castelán, portugués, inglés ou francés.
· Software: todo software referenciado debe de ser compatible coa definición de Software Libre da FSF. O mesmo se aplica para o caso do hardware e a definición do OSHW.
· Gravación e distribución dos contidos: o poñente autoriza a GPUL a facer unha gravación da súa intervención, así como a distribuír tanto a gravación coma o resto do material empregado durante a intervención, baixo unha licenza libre (segundo a FSF). Dende a directiva, agardan o meirande número de propostas e de asistencia.
Chamamento para participar nas Xornadas Libres do GPUL na Coruña
Compartir Este Artigo
