Tras o anuncio do desenvolvemento de The Elder Scrolls Online por parte de Bethesda as informacións sobre o xogo que veremos en 2013 para PC e Mac non cesan, dándose a coñecer que o título leva en desenvolvemento dende 2007, involucrando a 250 traballadores, que contará con voces para todos os personaxes e poderá xogarse cun punto de vista en terceira persoa, detalle que, xunto a moitos outros que separarían a este título de The Elder Scrolls V: Skyrim indicarían que buscan un xogo masivo estándar para resultar cómodos aos usuarios afeitos ao mesmo.

Os xogadores repartiranse en 3 faccións (Ebonheart Pact, Aldmeri Dominion e Daggerfall Covenant), poderán formar grupos de ata 5 xogadores e combinar as habilidades das distintas clases.
A nivel gráfico estaremos ante un xogo tinguido de debuxo animado, lembrando a Kingdoms of Amalur: Reckoning, como puidemos ver nalgunha das moitas imaxes do xogo que están a circular pola web. Amais, tamén vén de estrear un trailer de presentación:
Novos detalles de The Elder Scrolls Online
Compartir Este Artigo
