
O BB 10, que promete estar á vangarda dos actuais sistemas para móbiles, parte do sistema operativo usado no BlackBerry Playbook e está apoiado na base de QNX, un sistema con máis de 30 anos de percorrido e usado en sistemas críticos como a automoción, saúde, etc.
Realmente, é de destacar que o camiño de RIM sexa o inverso ao dos seus rivais, que parten dun sistema operativo deseñado para móbiles e o van modificando para que poida ser usado en tablets.
Ademais, a compañía xira totalmente ao open source e estase convertendo nun grande contribuidor para proxectos tan destacados como Qt, tal e como se pode apreciar no repositorio en Github, no que conta con 57 proxectos.

• C, C++
• C++/Qt Cascades
• HTML 5 Webworks
• Adobe Air
• Java Android Runtime
No caso de Cascades, pon a disposición do usuario unha grande cantidade de controles que facilitan ao desenvolvedor a creación de aplicacións altamente integradas no sistema.
En canto ás características do BB10, podemos destacar a interface e os efectos cinemáticos que melloran os xa implementados no Playbook e que fan que a experiencia de usuario sexa realmente intuitiva e agradable. Ademais, podemos afirmar que o sistema operativo fai realidade a multitarefa e conta cos mellores resultados a día de hoxe no test HTML5.
Na BlackBerry Jam tamén se apreciou o alto compromiso de RIM cos desenvolvedores, xa que facilitaron repositorios de código, recollendo o feedback e poñendo á súa disposición dispositivos de proba como o Blackberry 10 Alpha Dev, co que Ayco xa está a traballar e no que xa incorporou o seu xogo Soccer Touch.
Por outro lado, debemos mencionar que os dispositivos móbiles con Blackberry 5/6/7 non poderán actualizarse a 10 e tamén hai que recordar que a día de hoxe non existe posibilidade de crear servizos en background. Haberá que agardar a que RIM libere estas API.
O futuro de BlackBerry puido verse en Barcelona
Compartir Este Artigo

