A estrea o pasado mes de Diablo III non só converteuse no meirande lanzamento dun videoxogo para PC da historia, senón que parece estar a revitalizar o seu xénero segundo comentan dende Runic, estudo que está a desenvolver Torchlight II, xogo cun corte semellante que tras a chegada de Diablo III multiplicou as súas reservas un 40%, mantendo tal pulo, polo que parece que o seu lanzamento no verán vai ser todo un éxito.
Algúns comentan que que o feito de que Diablo III precise de acceso á Rede constante (incluso para xogar en solitario) podería estar a moitos xogadores a pensar en Torchlight II como unha alternativa interesante (especialmente pensando para utilizar de viaxe ou noutros lugares sen acceso á Internet).
Reservar Torchlight II en Steam pode ser moi atractivo (o xogo tamén é considerablemente máis barato que Diablo III), pero tamén queremos destacar que a semana pasada tamén saíu para Nintendo 3DS o xogo Heroes of Ruin e en breve tamén se agarda a chegada de Infinity Blade: Dungeons a iOS, xogos que tamén enmarcados no mesmo xénero, e que estarían a tirar proveito da súa revitalización.
O lanzamento de Diablo III disparou as reservas de Torchlight II
Compartir Este Artigo
