Jesús Calleja chegará a Vigo o vindeiro 5 de xullo pilotando o seu propio helicópteroO protagonista de programas de éxito televisivo como Desafío Extremo será o responsable de aconsellar aos emprendedores e directivos que acudan ao V Congreso Internacional de AJE Galicia a como liderar e xestionar equipos en situacións de crise e saír con éxito do reto extremo de superar a crise saíndo fortalecidos da mesma, e para engadir unha nota de cor á intervención de Jesús Calleja no encontro que terá lugar no Auditorio do Pazo de Congresos Mar de Vigo o aventureiro leonés adiantou que chegará ao aeroporto de Vigo pilotando o seu propio helicóptero. Calleja amosará os paralelismos entre as dificultades de escalar as montañas máis altas do mundo e enfrontarse á crise económica actual, coincidindo ambos escenarios no obxectivo de sobrevivir e acadar o éxito. Calleja aproveitará a súa experiencia para dar consellos a emprendedores e directivos sobre como superar a criseO encontro organizado por AJE Galicia xuntará a máis de 400 empresarios, emprendedores e directivos de España e Portugal, destacando esta edición polo seu carácter tecnolóxico, pois entre os relatores do Congreso que terá lugar os días 5 e 6 de xullo participarán figuras como o evanxelizador do software libre Richard Stallman, o músico galego Carlos Jean (que soubo descubrir novos modelos de negocio no panorama musical actual a través da innovación), os blogueiros Eduardo Arcos e Javier Pedreira Wicho ou incluso representantes de empresas tecnolóxicas como a viguesa Dnet e a compostelá Blusens. O programa deste Congreso que toma por lema Talento Creativo en Rede queda do seguinte xeito:
XOVES, 5 DE XULLO 10:00 – Mesa redonda de emprendemento: Representantes de IGAPE, CZFV, Enisa, Concello de Vigo e AJE Galicia 11:20 – Man a man Realidades emprendedoras, novas tecnoloxías e como motivarse para lanzalas: Miguel Silva (Blusens) e Manuel Montes (Dnet) 12:10 – Redes de colaboración entre empresas: Natalia Fernández Laviada (Fraternidad Muprespa) e Pablo Louro Carballeira (Gadisa) 12:30 – Jesús Calleja 17:00 – Caso de éxito (por confirmar) 17:40 – Man a man Traxectorias: Pilar Rodríguez (Pili Carrera) e Richard Taunton (American Express, Abott Laboratories, Dow Chemical e Grupo Coren) 18:20 – Man a man O futuro das comunicacións na Internet: Javier Pedreira Wicho (Microsiervos) e Eduardo Arcos (Hipertextual) 19:10 – Innovación e creatividade 2.0: Carlos Jean VENRES, 6 DE XULLO 9:30 – Obradoiros de emprendemento e networking 11:20 – (por confirmar) 12:30 – Novos modelos tecnolóxicos: Richard Stallman