
Non só a asistencia ao evento será de balde, senón que os interesados en contar cun espazo de exposición no encontro tamén poderá solicitalo de xeito gratuíto, pois a venda de produtos desta subcultura serven para animar os encontros deste tipo no que os participantes tanto pode compartir experiencias como levar un recordo nostálxico para casa en forma de produto artesanal inspirado nun vello videoxogo ou incluso material informático/consoleiro de hai varias décadas en perfecto estado de funcionamento. Entre as xoias dispoñibles este ano será posible adquirir durante RetroCoruña portafolios para coleccionistas coas portadas de videoxogos máis emblemáticas debuxadas por Azpiri a un prezo de 25 euros.
Como en ocasións anteriores, o encontro contará con exposicións de material, obradoiros e charlas, que nesta ocasión procurarán achegarse ao mundo do ZX Spectrum, ordenador que este ano celebra o seu 30º aniversario. Tamén terá lugar a proxección da serie documental The Gamer Inside, na que se fala da influencia dos videoxogos na sociedade a través de máis de 200 entrevistas a desenvolvedores, xornalistas especializados, blogueiros, educadores…
Polo momento tamén está confirmada a presenza de Hipsilon NES, a Comunidade Ociorum, Jojo Retroinformática, ZonaArcade, Todo Consolas, MSX Corner, AUIC e Caramel Cute Shop entre os expositores deste edición de RetroCoruña.
Para ter información puntual sobre o evento podemos consultar a súa páxina de Facebook.
A vindeira edición de RetroCoruña terá lugar o 8 de setembro
Compartir Este Artigo

