
Este evento organizado polo Grupo de Programadores e Usuarios de Linux (GPUL) e a GNOME Foundation en colaboración coa Universidade da Coruña desenvolverase entre os días 26 de xullo e 1 de agosto como un foro internacional para a investigación e o desenvolvemento do proxecto de Software Libre GNOME como podemos comprobar consultando o seu completo programa.
Participarán neste interesante encontro relatores de relevancia internacional como Jacob Appelbaum (experto en privacidade e anonimato na Rede, que forma parte dos proxectos WikiLeaks e Tor, e encargarase de impartir a conferencia inaugural desta edición de GUADEC), Federico Mena Quintero (co fundador do proxecto GNOME), Adam Dindle e Jim Nelson (de Yorba), Jonathan Blandford (director de enxeñaría de Red Hat), David C. Mason (director de produto de Mozilla), Alex Skud Bayley (defensora da apertura tanto do software coma dos contidos) e Karen M. Sandler (directora executiva da GNOME Foundation).
Este evento de 7 días, con 4 conferencias maxistrais e 97 relatorios é posible grazas á colaboración da Universidade da Coruña e a Xunta de Galicia, así como co patrocinio de empresas e entidades tecnolóxicas como Google, Red Hat, Canonical, Collabora, Igalia, Openshine e Open Invention Network, e o apoio da Linux Foundation, GNOME Hispano e GHANDALF.
Un encontro internacional sobre Software Libre botará a andar a semana que vén na Coruña
Compartir Este Artigo

